Como xa é habitual Bermeo e Portugalete deron lugar as dúas últimas xornadas de liga, aparte dos play-off de ascenso, onde estivo a nosa embarcación feminina.
Bermeo Hiriko XXXVIII. Ikurriña & XLVI Bandera El Corte Inglés
O sábado Bermeo acolleu a penúltima competición da liga. Cunha xornada marcada pola choiva e o mar a nosa embarcación saíu na primeira quenda con Lekeitio, Zierbena e a Donostiarra. Tras marcar o mellor tempo na primeira ciavoga a nosa embarcación foi avantaxada por Zierbena, mantendo esta distancia ata a liña de meta. Deste xeito o noso equipo rematou segundo na quenda e sexto na posición xeral.
O domingo en Portugalete, cunhas condicións climáticas e de campo totalmente distintas, os nosos saíron pola boia catro, cos mesmos rivais da xornada anterior. Desta vez, a nosa embarcación non foi capaz de avantaxar aos seus rivais, rematando en oitava posición.
Con estes dous últimos resultados, o noso equipo finalizou en sétima posición do cómputo xeral da liga con 117 puntos.
Play-off Liga Euskotren
A nosa embarcación feminina, tras facerse co título de campioas da Liga Galega Feminina estivo disputando esta fin de semana o play-off de ascenso á máxima categoría feminina do remo. Con Hondarribia, Tolosa e Hibaika como rivais, as nosas remataron en cuarta posición en Bermeo, a 19 segundos da cabeza.
O domingo, e tras unha sanción por soltar estacha antes de tempo, volveron repetir posición, sendo Hondarribia quen de revalidar a súa posición como integrante da Liga Euskotren. No sector masculino Zarautz mativo a categoría e Tirán vovlerá estar na ACT na tempada 2021.